luns, 29 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

Rematamos o trimestre ofrecéndovos unha publicación especial que foi elaborada na Semana da Prensa na Escola, na que participaron todos os cursos do cole e na que se tratan varios temas que se traballaron nas últimas semanas.

Desexámosvos unha moi feliz semana!



mércores, 24 de marzo de 2021

VISITA DE YAYOI KUSAMA











Enmarcada dentro das actividades do Proxecto Documental Integrado da Bilbioteca Escolar "Gaudileo no museo", o luns 22 de marzo recibimos a visita de Yayoi Kusama, coincidindo coa celebración do seu 92 aniversario.

A nosa Yayoi recibiu á entrada da aula de 4º de educación infantil a todos aqueles nenos e nenas que quixeron ir coñecela e escoitar a súa historia. 

Desta visita, na que Yayoi recibiu agasallos do alumnado do CEIP Manuel Mallo Mallo, sairá unha colección de haikus, que será publicada nunha publicación especial co gallo da Semana da Prensa, que xa está no prelo.

Podes ver a galería de imaxes da visita aquí




venres, 5 de febreiro de 2021

ENTROIDO NO MUSEO

Un ano máis chega o Carnaval

e aínda que non podamos desfilar

tamén nos imos disfrazar.


Que como imos facer? Busca...

tesoiras, papel, cartóns, pegamento,

roupa vella, chapeus... calquera invento!


E do museo que estás a traballar

unha obra terás que representar.

Ou tamén podes ser un pouco bromista

e colarte na obra  como protagonista!






Envía a túa fotografía a:

ceipnadela@icloud.com

antes do 28 de febreiro de 2021.

Bicos
Tintileo



SEMANA DA PRENSA

Rematamos o trimestre ofrecéndovos unha publicación especial que foi elaborada na Semana da Prensa na Escola, na que participaron todos os c...