venres, 21 de marzo de 2014

Rematamos o proxecto 
"SUPERMAN - REALIDADE OU FANTASÍA: A PRENSA " coa presenza de Isabel Vázquez, xornalista da RTVG, que veu a falarnos do seu traballo, a contarnos como é a radio por dentro... ademais de responder a todas as nosas preguntas.
 Mostrounos tamén unha radio moi, moi vella dos anos 50.
 E sorpresa, ainda funciona!
                         Aquí tedes o resultado.



xoves, 13 de marzo de 2014

SemAnA dA pRensA




Esta semana estamos a traballar A PRENSA cun proxecto titulado "Superman: realidade ou ficción", Fixemos unha exposición de xornais, tanto nacionais como internacionais, na que o alumnado estivo a  investigar con TinTi Holmes sobre éstes; ademáis teremos a sorte de poder contar, o venres 21 de marzo, coa visita da periodista da rtvg Isabel Vázquez que pasará a xornada con nos e coa que  indagaremos algo máis sobre os medios de comunicación que nos rodean.

  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...