martes, 1 de decembro de 2015

CONTACONTOS NO COLEXIO

 

DURANTE O MES DE OUTUBRO TIVEMOS NO COLEXIO DOUS GRANDES CONTACONTOS: "TANO" E "ANXO MOURE".

 

"TANO" É UNHA ÁRBORE CONTACONTOS MOI ESPECIAL E MÁXICA.

 

 

 

     

OS NENOS E NENAS QUEDARON ABRAIADOS POLAS HISTORIAS QUE NOS CONTOU E NAS QUE TAMÉN PARTICIPOU O ALUMNADO DE 6º, REPRESENTADO POR PATRICIA,XACOBO E JORGE.

 

       


   "ANXO MOURE": É UN ESCRITOR - CONTACONTOS MOI COÑECIDO, QUE ATERROU AQUÍ NO SEU NUBINETE.VOANDO, VOANDO, A NÉBOA FOI ESQUIVANDO E FINALMENTE MOITOS CONTOS FOI CONTANDO: 

    

  UN DE CARBALLOS E BOTAS...

                        

OUTRO DE PARAUGAS E CHOIVA...

  MENTRAS TANTO OS NEN@S OBSERVANDO...

 


  E NO SEU NUBINETE PASEANDO .

                            

 

CONTAMOS, CANTAMOS E BAILAMOS, TOD@S MOI EMOCIONADOS E NESTAS FOTOS PODEDES COMPROBALO.

                                                    

 

 

 

 

 

 

 

 

MOITAS GRAZAS ANXO!!!!!!!

 

MOITAS  GRAZAS  TANO !!!!!!!!!!!!

VOLTADE PRONTO QUE AQUÍ VOS ESTAMOS ESPERANDO.

xoves, 29 de outubro de 2015

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015




        O  día 21 de outubro foi un día especial
        no colexio de Nadela.
        un curso máis abrimos a nosa Biblioteca
        celebrando o    DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES .
    


        Que sorpresa pola mañá
        cando á clase entramos xa
        e puidemos observar que
        TINTILEO pode voar!!!
        Nun globo terráqueo subido está;
        "EXPLORANDO POLO MUNDO DOS LIBROS"
        dun lugar a outro pode viaxar.


        Ademais na pizarra algo escrito está:
        "HOXE ÁS 12.30 H. TOD@S NO PATIO"
        Quen nos estará a esperar???

        Son ...as MALETAS VIAXEIRAS
        que, outro curso máis
        á casa poderemos levar e así,
        en familia poder ler e gozar.
        Os primeiros afortunad@s
        estaban emocionad@s e
        posaron para a foto encantad@s.

DIEGO, ALEX, AITOR, SABELA, GABRIELA, MIA e PATRICIA

        Cando parecía que o acto
        xa ía rematar,
        "TINTILEO, TINTILEO...!!!"
        nenos e nenas comezaron a berrar
        e que SORPRESA, a súa cabeza vimos asomar.
        Canta ledicia, que emoción,
        tod@s o querían tocar, abrazar...
        parecía un famoso actor
        no estreno dunha nova función.








   
       Deixounos agasallos,
       un para cada clase
       dalgún país que visitou,
       e agora nós traballaremos
       sobre ese país en cuestión;
       de África, América e Oceanía
       para coñecer a súa gastronomía,
       o seu idioma e vestimenta,
       a súa xeografía,
       as festas e relixións e
       unha morea de cousas que non coñecía
       nin eu, nin ti, nin el/ela.

      Os AGASALLOS foron os seguintes:
  •       Mira AROA, que caixiña máis bonita..., menuda artesanía!!!
                os de 3 ANOS a MARRUECOS chegamos.



  •       AINHOA abre a caixa xa que dentro a PIRÁMIDE está
                e así os nen@s de 4 ANOS a EGIPTO poderán viaxar.

  •       BRAIS nervioso está, mira mira dentro hai un KOALA
                QUE SORTE!, os de 5 ANOS imos a AUSTRALIA.

  •      Que contento está ADRIÁN, e en CHILE á RAYUELA
                cos de 1º xogará.



  •       Este paquete hule moi ben, di MARÍA de 2º,
                pode que sexa CAFÉ...SÍ,SÍ,SÍ!!! viaxaremos a BRASIL.

  •      Pero esto que é?- di ELOY de 3º, unha VUVUZELA...
               no mundial de fútbol de SUDÁFRICA a puidemos ver.

  •     MÉJICO lindo y querido, os de 4º van a traballar,
              deuse conta JULIA cando un SOMBREIRO DE MARIACHI tivo que agarrar.

 
  •     SERGIO de 5º xa está abrigado. O outono chegou e
              un GORRO PERUANO pronto atopou.

 
  •     Finalmente para os de 6º, Tintileo trouxo uns zapatos;
              parecen para bailar tango-di MARCO abraiado, 
              creo que a ARGENTINA imos chegando. 
               

           E para rematar MOITA SORTE A TOD@S
           nesta importante tarefa.

           BOA VIAXE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

        

mércores, 29 de abril de 2015

Celebración Semana do Libro 2015

O pasado 23 de Abril celebrouse , como todos os anos , o día do libro. Como xa vén sendo costume , no centro alongámolo uns días máis para convertelo na Semana do Libro. Nesta semana, que traballamos con máis profundidade arredor desta conmemoración dándolle un toque máis "noso" , centramos cada un dos cursos o noso traballo no país que Tintileo nos convidou a coñecer.

Poesía , contos infantís , contos tradicionais , ditos populares,... literatura sen máis en moitas das súas vertentes.
Antes de seren presentados ditos traballos na biblioteca do centro , a modo de introdución , presentouse o vídeo que o Equipo de Biblioteca elaborou coa única pretensión de fomentar a lectura como ferramenta para medrar como individuos tanto por dentro coma por fóra.  

Aqué tedes as diferentes presentacións que os alumnos de todos os niveis levaron a cabo ao longo da semana:



Presentación China-Poema de Chun Xia Dao-
Educación Infantil (3 anos)
Presentación Turquía-Poesía de Yunus Emre -
Educación Infantil (4 anos)
Presentación Xapón-Conto Popular "Árbore dos desexos"
Educación Infantil (5 anos)

Presentación Reino Unido- O Grufaló
(1º Primaria)

Presentación Islandia con Poema de Elías Portela
(2º Primaria)

Presentación Italia-Lectura do conto "Pinocho"-
(3º Primaria)


Presentación Rusia-Lectura do conto "La dama del perrito", de Anton Chejov
(4º Primaria)

Presentación Holanda- Ditos populares dos Países Baixos
(5º Primaria)



Presentación Holanda- Obra de teatro "O sapo namorado"
(6º Primaria)




Mural cos marcapáxinas elaborados polos nenos e nenas decorados coas bandeiras dos seus países.
Levan no reverso poemas e frases relacionadas co país.

martes, 21 de abril de 2015

Semana da prensa

A semana do 9-12 de marzo celebramos a "Semana da prensa na escola".
Cada curso estivo traballando sobre a prensa do país que ten asignado.
Xunto coa profe Fefa elaboraron unha noticia relativa á viaxe que está realizando Tintileo.
e analizaron un xornal representativo do país que lles correspondía.

Coa colaboración das familias realizaronse estas actividades:
- Exposición de xornais de diferentes paises.
- Exposición de obxectos construidos polas  familias e os nenos/as con follas de xornais: cestos, gafas, barcos, sombreiros, caixas , frores ......

                                         MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN !








xoves, 12 de marzo de 2015

Lectura continuada no día de Rosalía

O día 24 de febreiro  lembramos  a escritora Rosalia de Castro  recitando os seus poemas  nunha sesión de lectura continuada. Os rapaces e rapazas acercábanse na hora de lecer para ler e disfrutar   con esta poeta universal.

                                                                        Paula de 4º lendo" Campanas de Bastabales"
                                                                                 María sumouse tamén á iniciativa.
                                                                                    Julia de 3º  lendo uns poemas
         A mestra Fefa deleitounos tamén coa lectura
                                                                         Paula de 6º lee " Adios rios, adios fontes..."
                                                                            Hugo de 3º le "Como chove miudiño"
                                                                                         Pili e Alberto lendo
                                                                                     Que ben le Ilse !!! de 1º


 Laura de 4º tamén se sumou ao evento.
 
Patricia de  6º recitando.



Isto foi unha pequena mostra das lecturas continuadas de Rosalia. 
Animo e a seguir lendo !!


  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...