mércores, 29 de abril de 2015

Celebración Semana do Libro 2015

O pasado 23 de Abril celebrouse , como todos os anos , o día do libro. Como xa vén sendo costume , no centro alongámolo uns días máis para convertelo na Semana do Libro. Nesta semana, que traballamos con máis profundidade arredor desta conmemoración dándolle un toque máis "noso" , centramos cada un dos cursos o noso traballo no país que Tintileo nos convidou a coñecer.

Poesía , contos infantís , contos tradicionais , ditos populares,... literatura sen máis en moitas das súas vertentes.
Antes de seren presentados ditos traballos na biblioteca do centro , a modo de introdución , presentouse o vídeo que o Equipo de Biblioteca elaborou coa única pretensión de fomentar a lectura como ferramenta para medrar como individuos tanto por dentro coma por fóra.  

Aqué tedes as diferentes presentacións que os alumnos de todos os niveis levaron a cabo ao longo da semana:



Presentación China-Poema de Chun Xia Dao-
Educación Infantil (3 anos)
Presentación Turquía-Poesía de Yunus Emre -
Educación Infantil (4 anos)
Presentación Xapón-Conto Popular "Árbore dos desexos"
Educación Infantil (5 anos)

Presentación Reino Unido- O Grufaló
(1º Primaria)

Presentación Islandia con Poema de Elías Portela
(2º Primaria)

Presentación Italia-Lectura do conto "Pinocho"-
(3º Primaria)


Presentación Rusia-Lectura do conto "La dama del perrito", de Anton Chejov
(4º Primaria)

Presentación Holanda- Ditos populares dos Países Baixos
(5º Primaria)



Presentación Holanda- Obra de teatro "O sapo namorado"
(6º Primaria)




Mural cos marcapáxinas elaborados polos nenos e nenas decorados coas bandeiras dos seus países.
Levan no reverso poemas e frases relacionadas co país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...