xoves, 29 de outubro de 2015

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015




        O  día 21 de outubro foi un día especial
        no colexio de Nadela.
        un curso máis abrimos a nosa Biblioteca
        celebrando o    DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES .
    


        Que sorpresa pola mañá
        cando á clase entramos xa
        e puidemos observar que
        TINTILEO pode voar!!!
        Nun globo terráqueo subido está;
        "EXPLORANDO POLO MUNDO DOS LIBROS"
        dun lugar a outro pode viaxar.


        Ademais na pizarra algo escrito está:
        "HOXE ÁS 12.30 H. TOD@S NO PATIO"
        Quen nos estará a esperar???

        Son ...as MALETAS VIAXEIRAS
        que, outro curso máis
        á casa poderemos levar e así,
        en familia poder ler e gozar.
        Os primeiros afortunad@s
        estaban emocionad@s e
        posaron para a foto encantad@s.

DIEGO, ALEX, AITOR, SABELA, GABRIELA, MIA e PATRICIA

        Cando parecía que o acto
        xa ía rematar,
        "TINTILEO, TINTILEO...!!!"
        nenos e nenas comezaron a berrar
        e que SORPRESA, a súa cabeza vimos asomar.
        Canta ledicia, que emoción,
        tod@s o querían tocar, abrazar...
        parecía un famoso actor
        no estreno dunha nova función.








   
       Deixounos agasallos,
       un para cada clase
       dalgún país que visitou,
       e agora nós traballaremos
       sobre ese país en cuestión;
       de África, América e Oceanía
       para coñecer a súa gastronomía,
       o seu idioma e vestimenta,
       a súa xeografía,
       as festas e relixións e
       unha morea de cousas que non coñecía
       nin eu, nin ti, nin el/ela.

      Os AGASALLOS foron os seguintes:
  •       Mira AROA, que caixiña máis bonita..., menuda artesanía!!!
                os de 3 ANOS a MARRUECOS chegamos.



  •       AINHOA abre a caixa xa que dentro a PIRÁMIDE está
                e así os nen@s de 4 ANOS a EGIPTO poderán viaxar.

  •       BRAIS nervioso está, mira mira dentro hai un KOALA
                QUE SORTE!, os de 5 ANOS imos a AUSTRALIA.

  •      Que contento está ADRIÁN, e en CHILE á RAYUELA
                cos de 1º xogará.



  •       Este paquete hule moi ben, di MARÍA de 2º,
                pode que sexa CAFÉ...SÍ,SÍ,SÍ!!! viaxaremos a BRASIL.

  •      Pero esto que é?- di ELOY de 3º, unha VUVUZELA...
               no mundial de fútbol de SUDÁFRICA a puidemos ver.

  •     MÉJICO lindo y querido, os de 4º van a traballar,
              deuse conta JULIA cando un SOMBREIRO DE MARIACHI tivo que agarrar.

 
  •     SERGIO de 5º xa está abrigado. O outono chegou e
              un GORRO PERUANO pronto atopou.

 
  •     Finalmente para os de 6º, Tintileo trouxo uns zapatos;
              parecen para bailar tango-di MARCO abraiado, 
              creo que a ARGENTINA imos chegando. 
               

           E para rematar MOITA SORTE A TOD@S
           nesta importante tarefa.

           BOA VIAXE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

        

  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...