martes, 19 de novembro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019

Regresa Tintileo ao colexio, esta vez caracterizado de Leonardo da Vinci para presentarnos un proxecto relacionado cos inventos. 




E que mellor inventor que Tintinardo

Nada maís chegar ás aulas, atopamos unha carta, na que nos invitaba a ver unha película sobre o polímata florentino. 

A continuación, deixou instruccións para realizar unha realizar unha procura do tesouro. Nela, dez grupos capitaneados por outras tantas alumnas de 6º de primaria, tiveron que realizar probas de diferentes categorías, ata atopar... uns churros de piscina! 

Unha vez reunidos no pavillón,  descubrinos que servían para construír a ponte  autosustentante de Leonardo.

Ao terminar, dirixímonos á biblioteca, onde nos recibiu  Tintinardo no seu estudo, acompañado nin máis nin menos que de Mona Lisa!

Terminamos esta xornada coa entrega das maletas viaxeiras a un representante de cada curso.

Grazas  Tintinardo!





(Tardamos uns cantos días en recopilar as fotografías da celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS, pero xa están colgadas neste album.)

  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...