venres, 6 de marzo de 2020

SEMANA DA MULLER: MESA REDONDA #XERACIÓNIGUALDADE

O xoves 5 de marzo, celebrouse no colexio unha mesa redonda sobre igualdade, na que participaron: Lara Méndez López, alcaldesa de Lugo, Carmen Viño Vila, arquitecta; Paula Ben Gutiérrez, camioneira;
Verónica Labra Rodríguez, gandeira; e María González Morado, policía.

Primeiramente visitaron ao alumnade de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.



A continuación, na bilioteca do centro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, participaron activamente nunha charla-coloquio, na que se debateron temas relacionados coa igualdade e a posición da muller no mundo laboral.







Ao rematar, visitaron a exposición "BRAVAS: Mulleres inventoras ao longo da historia"





Máis fotografías desta actividade neste álbum.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...