xoves, 18 de novembro de 2021

MULLER LABREGA

Esta é a nosa pequena homenaxe ao mestre Darío Xohan Cabana. O alumnado de 2º e 6º de primaria Xunto co alumnado de 5º de educación infantil, recitan e ilustran o poema "Muller labrega".

GRAZAS MESTRE!





venres, 12 de novembro de 2021

Celebrando o outono



Hoxe celebramos un magosto no colexio. Non foi unha festa como outros anos polas restriccións pola situación COVID pero anda así tivemos unha celebración ben chula!

A entrada do edificio administrativo está moi fermosa, decorada coas creación do alumnado en colaboración coas súas familias. GRAZAS! Unha vez máis respondestes dun xeito incrible! Neste vídeo podedes ver todas as creaciones que nos achegastes ao cole:


E, aínda que non era un concurso, Tintileo decidiu outorgar unha premio especial a Lola de sexto curso que presentou un precioso traballo cunha temática moi relacionada coa biblioteca (ao final do vídeo).





Tamén se entregaron os premios do concurso de microrrelato (Xiana de quinto e Mario de cuarto) e debuxo de terror (Cristóbal de segundo e Chloe, de cuarto educación infantil).






O olor do outono chegou este ano da man do tren dun castañeiro, que pasou a mañá asando as castañas  no patio para nós.


Como xa é costume no cole, realizamos os tradicionais xogos do masgosto, aínda que non rotamos polos xogos dos demais cursos. De todos os xeitos pasámolo tan ben como podedes ver nas fotografías deste álbum web: 














CONCURSO "Contádenos o voso Día das Letras"

 


Nestes últimos días recibimos unha marabillosa nova: a Real Academia Galega acordou recoñecer o nosotro traballo sobre Xela Arias. Premendo na imaxe podes acceder á publicación na web da RAG:


Este premio fainos especialmente felices, xa que se trata dun traballo no que participou todo o alumnado e profesorado do colexio. Podedes volver a velo aquí:



No xornal El Progreso recolleron tamén esta noticia:








martes, 26 de outubro de 2021

MULLERES

Para celebrar o Día das Bibliotecas iniciamos o Proxecto Documental Iintegrado "Mulleres", co que pretendemos poner en valor o papel da muller en distintos ámbitos sociais e culturais, educando en igualdade para que as nosas nenas e nenos medren coas mesmas oportunidades.

Agradecemos a desinteresada e xenerosa participación dos colaboradores que nos axudaron na presentación deste proxecto, recitando o poema creado polo alumnado do noso centro "Vivan as mulleres!"






luns, 18 de outubro de 2021

DÍA DA MULLER ESCRITORA

O alumnado de sexto curso investigou as figuras femininas máis relevantes da literatura universal. Plasmaron nesta escenografía os seus nomes, ano de nacemento e obra máis representativa. 

Realizaron tamén unha liña do tempo  destas mulleres ao longo da escaleira que leva á súa aula.




xoves, 1 de xullo de 2021

martes, 8 de xuño de 2021

martes, 1 de xuño de 2021

xoves, 27 de maio de 2021

Mes das LETRAS GALEGAS


Rematando o mes de maio que como cada curso, adicamos ao traballo da figura homenaxeada, no ano de Xela Arias, realizamos unha chea de actividades que vos resumimos :

O alumnado de 6º curso, realizou o mural poético "De Rosalía a Xela". Iniciouse en febrero polo día de Rosalía e foise completando ata chegar ao 17 de maio. Podedes ver un vídeo do proceso no Instagram da biblioteca:  





Por outra banda, cada curso realizou conjuntamente unha ilustración de Xela Arias inspirados na produción do museo que cada aula está a traballar. Con eles realizou o mural que encabeza este post.







O EDNL en colaboración con Equipo de Actividades Extraescolares e a profe de educación Física, realizou crebacabezas que unha vez construidos, narran a biografía de Xela.





Estes xogos permanecerán na biblioteca para o uso de todo o alumnado.



























Neste momento, estase a ultimar a reinterpretación de nove contos de Xela Arias do seu libro "Non te amola!, do que vos informaremos unha próxima entrada.





  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...