mércores, 24 de marzo de 2021

VISITA DE YAYOI KUSAMA











Enmarcada dentro das actividades do Proxecto Documental Integrado da Bilbioteca Escolar "Gaudileo no museo", o luns 22 de marzo recibimos a visita de Yayoi Kusama, coincidindo coa celebración do seu 92 aniversario.

A nosa Yayoi recibiu á entrada da aula de 4º de educación infantil a todos aqueles nenos e nenas que quixeron ir coñecela e escoitar a súa historia. 

Desta visita, na que Yayoi recibiu agasallos do alumnado do CEIP Manuel Mallo Mallo, sairá unha colección de haikus, que será publicada nunha publicación especial co gallo da Semana da Prensa, que xa está no prelo.

Podes ver a galería de imaxes da visita aquí




Ningún comentario:

Publicar un comentario

  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...