mércores, 4 de marzo de 2020

SEMANA DA MULLER









Hoxe comezamos os actos de celebración do Día da Muller, coordinados pola Biblioteca Escolar co centro.


Que mellor xeito de iniciar esta celebración que coa visita de Benedicta Sánchez, fotógrafa e actriz, recentemente galardoada co premio Goya á Mellor Actriz Revelación, polo seu papel protagonista no filme "O que arde" de Óliver Laxe.







Benedicta visitou a todas as aulas do centro e rematou na biblioteca respostando ás preguntas do alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, e ata bailou a muiñeira con Tintileo como no Festival de Cannes!

Finalizou o acto coa inauguración por parte de actriz da exposición "BRAVAS", unha mostra de inventos realizados por mulleres. 







Continua mañá, xoves 5, coa realización dunha mesa redonda con mulleres emprendedoras, na que se debaterá sobre a igualdade de oportunidades no mundo laboral.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...