venres, 8 de marzo de 2024

PODEROSAS 0

 



A Banda da Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo.

Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular. 

"Bailando as rúas" é o título do seu primeiro traballo, enteiramente autoproducido e editado en decembro de 2017.

En decembro de 2019 publicaron o seu segundo álbum, titulado "Fábrica de luz".​ Case todos os temas do disco foron traballos propios e tamén incluíron dous poemas musicados de Rosalía de Manuel María. 

En abril de 2021 publicaron "Hasme oír", no que puxeron música a varios poemas de Xela Arias, homenaxeada ese ano o Día das Letras Galegas.

En 2022 presentaron o disco "Xabón Lagarta", inspirado nas lavandeiras e os lavadoiros, eses «espazos de liberdade, confidencias e insubmisión».

Para o 8M de 2020, A Banda da Loba sacou este vídeo de “Morra o conto”, tema incluído no álbum Fábrica de luzcunha letra inspirada no poema “O talle 50”, de Andrea Nunes Brións, recollido en “Todas as mulleres que fun”. Para este traballo están acompañadas por oito artistas representativas de gran parte dos estilos musicais que se fan en Galicia: Guadi Galego, Patty Castro, Sofía Espiñeira, Nastasia Zürcher, Mounqup, Lola de Ribeira, Anaïs Barbier e High Paw.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...