O pasado 24 de Outubro , e con motivo da celebración do "Día das Bibliotecas Escolares" , Tintileo fíxonos unha visita e contounos o que fixo, fíxonos agasallos e seguiunos animando a que leamos moito.
Antes da aparición da nosa mascota , tamén se fixo entrega das "Maletas Viaxeiras" , que ao longo do ano visitarán os fogares de todos os alumnos do centro. Estas maletas irán cheas de lecturas para todos os da casa. Teremos ciencia , cómics , revistas , arte , ...
Anque no seu día non puido chegar , días máis tarde recibimos de mans do carteiro as cartas que Tintileo nos enviou contándonos as súas andainas polo mundo.
Aquí tedes o vídeo de presentación que nos deixou Tintileo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario