mércores, 29 de xuño de 2022
venres, 24 de xuño de 2022
A VOZ DE NADELA 2022
Un novo exemplar da Voz de Nadela cunha mostra dos traballos realizados ao longo do curso relacionados co PDI "Mulleres", co Proxecto Lingüístico e outras actividades extraescolares e complementarias.
martes, 24 de maio de 2022
LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado, para homenaxear ao autor, recita os seus poemas.
xoves, 12 de maio de 2022
DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES MATEMÁTICAS
O 12 de maio celébrase o Día Internacional das Mulleres Matemáticas, celebración proclamada en 2018 que conmemora a data de nacemento da matemática iraniana, Maryam Mirzakhani, profesora e investigadora sobre xeometría e sistemas dinámicos e primeira muller en recibir en 2014 a Medalla Fields.
Ademais de lembrar a todas as mulleres matemáticas, a celebración deste día tamén ten como obxectivo inspirar a outras nenas e mulleres a estudar esta disciplina, propósito que persegue a Alianza STEAM polo talento feminino, unha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional que nace co obxectivo de fomentar as vocacións STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas) en nenas e novas e reducir a brecha de xénero.
A conmemoración deste día contribúe a situar ás mulleres matemáticas na historia pola importancia das súas contribucións a esta disciplina e convídanos a reflexionar sobre o que poderían facer se non tivesen tantas portas pechadas debido ao seu xénero.
(Fonte: http://blogbibliotecas.mecd.gob.es)
Para celebralo, propoñémosvos unha escaperoom. Sería conveniente o acompañamento dunha persoa adulta para compartir o momento e a súa lectura:
Esta experiencia é ou se basea na creada a proposta da Comisión de Mujeres e Matemáticas da Real Sociedade Matemática Española (http://mym.rsme.es/) por Lara Ferrando Esteve e Irene Epifanio López para conmemorar o Día Internacional da Muller Matemática.