sábado, 30 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ

 Este venres 29, celebramos no colexio o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.





A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro, día ni que no CEIP Manuel Mallo Mallo nos comprometemos a exercer de defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Seguimos promovendo unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

Como cada ano, o proxecto da Biblioteca Escolar inspira as manifestación artísticas derivadas da celebración, e así, neste curso anosa mascota Gaudileo, inaugurou un "MUSEO DA PAZ". Estas son as obras de arte que realizaron as nenas e os nenos da nosa escola:










No cristal do MUSEO DA PAZ podemos ler un fermoso poema escrito polo alumnado de 1º de educación primaria: 







Ademáis destas actividades grupais, en cada clase visionouse unha película relacionada coa celebración e se traballou nas aulas en relación a esta data.

E como a COVID-19 mantennos mudos e enmascarados, este ano a canción de paz que interpretamos todos xuntos é un karaoke silencioso ;D
Agardamos que vos guste!

Bookface

Rematado o mes do libro, deixamos un recompilatorio dos bookface que nos fixéstedes chegar. Moitas grazas pola vosa colaboración!