Hoxe comezan as vacacións de inverno, e que mellor maneira que empezalas cunha gran visita: TINTILEO
Trouxo unha morea de libros e contos novos para que sigamos lendo e uns agasallos para todos e todas. mirade, mirade!!! que caras temos todos de sorpresa e satisfacción!!
martes, 17 de decembro de 2013
Xa rematamos o proxecto!!
Imos mostrar unha pizca do ben que o pasamos todos xuntos e de todo o que aprendimos sobre PINOCHO.
martes, 10 de decembro de 2013
Estivemos todo este tempo traballando moi duro nun Proxecto que temos comezado e que dentro duns días remataremos. Mentres, queremos mostrarvos unhas pequenas pinceladas. Que vos parece?... Sabedes? É SOBRE PINOCHO. Queremos sabelo todo, todo e todo!!!, mirade canto traballamos.
venres, 15 de novembro de 2013
Hoxe celebrouse no cole unhas das mellores festas,O MAGOSTO. Celebramos este gran día cunha chea de xogos para todos os nenos e nenas do cole, cun magosto delicioso, e coa visita dunha persoa moi especialA CASTAÑEIRAque nos contou unhas historias moi interesantes sobre as castañas.
xoves, 24 de outubro de 2013
O día 24 de Outubro realizamos todos xuntos o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES. Tivemos a sorte de queTINTILEO, a nosa mascota,veu de visita.
Ademáis de todos os agasallos que trouxo para celebrar este día tan especial, trouxo outro que nos fixo moita ilusion:A Mochila Viaxeira.