Celebramos o Día Internacional da Educación coa recreación da vida de María Montessori, revolucionaria da educación e pioneira do feminismo.
Este blog quere dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela as actividades que se realizan ao redor do PDI da biblioteca e das actividades que programa o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o respecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, literarias e artísticas.