Este blog quere dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Nadela as actividades que se realizan ao redor do PDI da biblioteca e das actividades que programa o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o respecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, literarias e artísticas.
luns, 9 de decembro de 2024
martes, 3 de decembro de 2024
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS ON DISCAPACIDADE
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como sensibilizar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
luns, 11 de novembro de 2024
mércores, 23 de outubro de 2024
mércores, 26 de xuño de 2024
luns, 17 de xuño de 2024
A araña e máis eu
Remata o curso e tamén os apadriñamentos (amadriñamentos?) lectores. Así celebraron 6° EI, 2° e 4° EP o final desta colaboración! 🌈
sábado, 23 de marzo de 2024
DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN.
martes, 19 de marzo de 2024
luns, 18 de marzo de 2024
venres, 15 de marzo de 2024
xoves, 14 de marzo de 2024
PODEROSAS 5
A escritora británica, J. K. Rowling, é
a autora dos sete libros da famosa saga Harry Potter.
- Harry Potter e a pedra filosofal (1997)
- Harry Potter e a cámara dos segredos (1998)
- Harry Potter e o preso de Azkaban (1999)
- Harry Potter e o cáliz de fogo (2000)
- Harry Potter e a Orde do Fénix (2003)
- Harry Potter e o misterio do príncipe (2005)
- Harry Potter e as reliquias da morte (2007)
Cando Rowling terminou o seu primeiro
libro da saga, titulado Harry Potter e a pedra filosofal, foi
presentado a numerosas editoriais e rexeitado, ata que finalmente unha
editorial decidiu publicalo.
Aínda así, os seus editores
aconselláronlle utilizar as siglas J.K. no canto do seu nome real, Joanne,
porque eles tiñan medo a que os lectores tivesen reticencia a ler os seus
libros por estar escritos por unha muller. A letra K provén da súa avoa Kathleen.
The British writer J.K.Rowling, is the
author of the seven books of the famous saga Harry Potter.
- Harry Potter and the Philosopher’s Stone (1997)
- Harry Potter and the Chamber of Secrets (1998)
- Harry Potter and the
Prisoner of Azkaban (1999)
- Harry Potter and the Goblet of Fire (2000)
- Harry Potter and the
Order of the Phoenix (2003)
- Harry Potter and the Half-Blood Prince (2005)
- Harry Potter and the Deathly Hallows (2007)
When Rowling finished the first book of the saga, titled Harry Potter and the Philosopher´s Stone, it was offered to numerous editors and publishers until finally it was accepted for publication.
Even then, the publishers advised her to use the initials J.K. in place of her real name, Joanne, because they feared that readers would be reluctant to read books written by a woman. The letter K comes from her grandmother Kathleen.
Today, Rowling enjoys her success by holding numerous charity events, lectures and speeches in favour of reading.
mércores, 13 de marzo de 2024
martes, 12 de marzo de 2024
luns, 11 de marzo de 2024
PODEROSAS 1
Jimena Quirós
(Almería 1899-Madrid 1983)
Foi unha científica española considerada a primeira oceanógrafa española.
Que é unha oceanógrafa? é unha persoa que estuda os mares, os océanos e todo o que se relaciona con eles.
Jimena naceu en Almería. Marchou a Madrid con 17 anos para estudar Ciencias na universidade. Alí relacionouse con Maruja Mallo, Clara Campoamor, etc. Especializouse en física e doutorouse en ciencias naturais.
Aplicou os seus coñecementos ao estudo dos océanos (temperatura, salinidade, correntes, etc)
En 1920, mentres terminaba os seus estudos comezou a traballar no Instituto Español de Oceanografía (IEO). Licenciouse con premio extraordinario e uns meses despois comberteuse na primeira muller en España en embarcar nunha campaña oceanográfica. Foi tamén a primeira en firmar um traballo científico en ciencias do mar. Á súa volta da expedición polo Mediterráneo e con 22 anos aprobou a oposición para traballar no IEO incorporándose como a primeira científica da historia da institución. Continuou formándose marchando á universidade a París. En 1926 concedéronlle unha beca na universidade de Columbia en Nova York, alí estudou Xeografía física da atmosfera e dos océanos. Aínda que dominaba moitos campos das ciencias mariñas, a súa especialidade era a física e aplicou os seus coñecementos aos océanos. En 1929 foi admitida como socia de número na Real Sociedade Xeográfica.
Ademáis de á ciencia tamén se dedicou á política loitando especialmente pola igualdade de dereitos da muller. Presidiu o comité feminino do partido Republicano Radical Socialista incluso antes de que a muller tivera dereito ao voto. En 1933 aproba a cátedra de ciencias naturais e comenza a dedicarse á ensinanza. Traballou en varios institutos ata que chegou a guerra civil á que sobreviviu pero a súa carreira científica e a loita polos dereitos da muller quedou truncada. Foi expulsada do IOE pola ditadura franquista en 1940.
En 1970 foi rehabilitada e reingresou no IOE en situación de “xubilada”.
En 2022 o concello de Madrid deulle o nome de Jimena Quirós a un parque.
-
Ooooooolaaaaa! Propóñovos un reto para celebrar o Día do Libro! Atréveste a reproducir a portada (oí unha parte) do libro que estás lendo? S...
-
Quen está de celebración hoxe?? Tintileo cumple 10 años!!!! Mandámoslle unha mensaje, felicitación, vídeo, postal...? Xa sabes, se queres po...