mércores, 30 de novembro de 2016

25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia a mulleres e nenas.


A nosa Biblioteca participou activamente nos actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Tintileo tamén se vestiu de laranxa e puxo a súa pulseira para apoiar á campaña da ONU #orangethewolrd.
Ao longo destes días, poderás disfrutar dunha exposición de libros sobre Dereitos Humanos.

luns, 21 de novembro de 2016

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Neno.

O alumnado de 4º de educación primaria, que están traballando a década dos 50 no proxecto anual do PLAMBE, realizou un vídeo no que resumen os dez principios que conforman esta declaración asinada na ONU en 1959.

Noraboa a Mencía, Erea, Alejandro, Víctor, Sofía, Esteban, Maxi, Dani, Noa e Eloy!


domingo, 20 de novembro de 2016

ANOS 20






Xa estamos metidos de cheo nas viaxes a través do tempo de Tintileo! é por isto, que este mes estamos a escoitar, ás entradas e saídas do colexio, unha selección musical dos anos 20.
Sóavos alguna canción?

Se queres escoitalas outra vez? Podes facelo na pestana "ANOS 20" debaixo da cabeceira do blogue.

xoves, 10 de novembro de 2016

TINTILEO A TRAVÉS DAS DÉCADAS

Xa está de novo Tintileo entre nós!
Apareceu o pasado 24 de outubro, Día das Biliotecas, para presentarnos o seu novo proxecto. E fíxoo cun agasallo espectacular!: deixounos no patio unha máquina do tempo.


Grazas a ela, seremos quen de transportarnos ás  diferentes décadas que conforman o século XX.
Queres acompañarnos nesta aventura?

Podes que aquí as imaxes da visita.

E como Tintileo é un crocodilo moi ao tanto das novas tecnoloxías, deixounos a súa dirección de Facebook, por se queredes ir seguindo por alí as súas andainas:






DECORACIÓN DE NADAL