Este blog quere dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Nadela as actividades que se realizan ao redor do PDI da biblioteca e das actividades que programa o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o respecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, literarias e artísticas.
martes, 1 de decembro de 2015
xoves, 29 de outubro de 2015
DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015
O día 21 de outubro foi un día especial
no colexio de Nadela.
un curso máis abrimos a nosa Biblioteca
celebrando o DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES .
cando á clase entramos xa
e puidemos observar que
TINTILEO pode voar!!!
Nun globo terráqueo subido está;
"EXPLORANDO POLO MUNDO DOS LIBROS"
dun lugar a outro pode viaxar.
Ademais na pizarra algo escrito está:
"HOXE ÁS 12.30 H. TOD@S NO PATIO"
Quen nos estará a esperar???
Son ...as MALETAS VIAXEIRAS
que, outro curso máis
á casa poderemos levar e así,
en familia poder ler e gozar.
Os primeiros afortunad@s
posaron para a foto encantad@s.
DIEGO, ALEX, AITOR, SABELA, GABRIELA, MIA e PATRICIA |
Cando parecía que o acto
xa ía rematar,
"TINTILEO, TINTILEO...!!!"
nenos e nenas comezaron a berrar
e que SORPRESA, a súa cabeza vimos asomar.
Canta ledicia, que emoción,
tod@s o querían tocar, abrazar...
parecía un famoso actor
no estreno dunha nova función.
Deixounos agasallos,
un para cada clase
dalgún país que visitou,
e agora nós traballaremos
sobre ese país en cuestión;
de África, América e Oceanía
para coñecer a súa gastronomía,
o seu idioma e vestimenta,
a súa xeografía,
as festas e relixións e
unha morea de cousas que non coñecía
nin eu, nin ti, nin el/ela.
Os AGASALLOS foron os seguintes:
- Mira AROA, que caixiña máis bonita..., menuda artesanía!!!
- AINHOA abre a caixa xa que dentro a PIRÁMIDE está
- BRAIS nervioso está, mira mira dentro hai un KOALA
- Que contento está ADRIÁN, e en CHILE á RAYUELA
- Este paquete hule moi ben, di MARÍA de 2º,
- Pero esto que é?- di ELOY de 3º, unha VUVUZELA...
- MÉJICO lindo y querido, os de 4º van a traballar,
- SERGIO de 5º xa está abrigado. O outono chegou e
- Finalmente para os de 6º, Tintileo trouxo uns zapatos;
creo que a ARGENTINA imos chegando.
E para rematar MOITA SORTE A TOD@S
nesta importante tarefa.
BOA VIAXE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
mércores, 29 de abril de 2015
Celebración Semana do Libro 2015
O pasado 23 de Abril celebrouse , como todos os anos , o día do libro. Como xa vén sendo costume , no centro alongámolo uns días máis para convertelo na Semana do Libro. Nesta semana, que traballamos con máis profundidade arredor desta conmemoración dándolle un toque máis "noso" , centramos cada un dos cursos o noso traballo no país que Tintileo nos convidou a coñecer.
Poesía , contos infantís , contos tradicionais , ditos populares,... literatura sen máis en moitas das súas vertentes.
Aqué tedes as diferentes presentacións que os alumnos de todos os niveis levaron a cabo ao longo da semana:
Poesía , contos infantís , contos tradicionais , ditos populares,... literatura sen máis en moitas das súas vertentes.
Antes de seren presentados ditos traballos na biblioteca do centro , a modo de introdución , presentouse o vídeo que o Equipo de Biblioteca elaborou coa única pretensión de fomentar a lectura como ferramenta para medrar como individuos tanto por dentro coma por fóra.
Presentación China-Poema de Chun Xia Dao- Educación Infantil (3 anos) |
Presentación Turquía-Poesía de Yunus Emre - Educación Infantil (4 anos) |
Presentación Xapón-Conto Popular "Árbore dos desexos" Educación Infantil (5 anos) |
Presentación Reino Unido- O Grufaló (1º Primaria) |
Presentación Islandia con Poema de Elías Portela (2º Primaria) |
Presentación Italia-Lectura do conto "Pinocho"- (3º Primaria) |
Presentación Rusia-Lectura do conto "La dama del perrito", de Anton Chejov (4º Primaria) |
Presentación Holanda- Ditos populares dos Países Baixos (5º Primaria) |
Presentación Holanda- Obra de teatro "O sapo namorado" (6º Primaria) |
Mural cos marcapáxinas elaborados polos nenos e nenas decorados coas bandeiras dos seus países. Levan no reverso poemas e frases relacionadas co país. |
martes, 21 de abril de 2015
Semana da prensa
A semana do 9-12 de marzo celebramos a "Semana da prensa na escola".
Cada curso estivo traballando sobre a prensa do país que ten asignado.
Xunto coa profe Fefa elaboraron unha noticia relativa á viaxe que está realizando Tintileo.
e analizaron un xornal representativo do país que lles correspondía.
Coa colaboración das familias realizaronse estas actividades:
- Exposición de xornais de diferentes paises.
- Exposición de obxectos construidos polas familias e os nenos/as con follas de xornais: cestos, gafas, barcos, sombreiros, caixas , frores ......
MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN !
Cada curso estivo traballando sobre a prensa do país que ten asignado.
Xunto coa profe Fefa elaboraron unha noticia relativa á viaxe que está realizando Tintileo.
e analizaron un xornal representativo do país que lles correspondía.
Coa colaboración das familias realizaronse estas actividades:
- Exposición de xornais de diferentes paises.
- Exposición de obxectos construidos polas familias e os nenos/as con follas de xornais: cestos, gafas, barcos, sombreiros, caixas , frores ......
MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN !
xoves, 12 de marzo de 2015
Lectura continuada no día de Rosalía
O día 24 de febreiro lembramos a escritora Rosalia de Castro recitando os seus poemas nunha sesión de lectura continuada. Os rapaces e rapazas acercábanse na hora de lecer para ler e disfrutar con esta poeta universal.
María sumouse tamén á iniciativa.
Julia de 3º lendo uns poemas
A mestra Fefa deleitounos tamén coa lectura
Paula de 6º lee " Adios rios, adios fontes..."Hugo de 3º le "Como chove miudiño"
Pili e Alberto lendo
Que ben le Ilse !!! de 1º
Laura de 4º tamén se sumou ao evento.
Patricia de 6º recitando.
Isto foi unha pequena mostra das lecturas continuadas de Rosalia.
Animo e a seguir lendo !!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Ooooooolaaaaa! Propóñovos un reto para celebrar o Día do Libro! Atréveste a reproducir a portada (oí unha parte) do libro que estás lendo? S...
-
Quen está de celebración hoxe?? Tintileo cumple 10 años!!!! Mandámoslle unha mensaje, felicitación, vídeo, postal...? Xa sabes, se queres po...