martes, 19 de novembro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019

Regresa Tintileo ao colexio, esta vez caracterizado de Leonardo da Vinci para presentarnos un proxecto relacionado cos inventos. 




E que mellor inventor que Tintinardo

Nada maís chegar ás aulas, atopamos unha carta, na que nos invitaba a ver unha película sobre o polímata florentino. 

A continuación, deixou instruccións para realizar unha realizar unha procura do tesouro. Nela, dez grupos capitaneados por outras tantas alumnas de 6º de primaria, tiveron que realizar probas de diferentes categorías, ata atopar... uns churros de piscina! 

Unha vez reunidos no pavillón,  descubrinos que servían para construír a ponte  autosustentante de Leonardo.

Ao terminar, dirixímonos á biblioteca, onde nos recibiu  Tintinardo no seu estudo, acompañado nin máis nin menos que de Mona Lisa!

Terminamos esta xornada coa entrega das maletas viaxeiras a un representante de cada curso.

Grazas  Tintinardo!





(Tardamos uns cantos días en recopilar as fotografías da celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS, pero xa están colgadas neste album.)

martes, 8 de outubro de 2019

ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS


No canal Youtube do CEIP Manuel Mallo Mallo xa podedes desfrutar da obra "Alicia no país das marabillas", representada polas "Xoaniñas" dentro do Proxecto de Biblioteca deste curso.

xoves, 13 de xuño de 2019

Lucas e Oso e Alicia no PFPP.


Ao longo do curso 2018/2019, o alumnado de 1º e 2º de EP, realizou unha curtametraxe coa técnica de Stop Motion baseada no conto de José Campanari "Lucas e oso". Nela colaboraron tamén alumnos de 5º de educación infantil e 5º de educación primaria. 





Aquí vos deixamos a curta e o making of.

O profesorado participante realizou tamén vídeos con diferentes técnicas. 
Premendo na imaxe de Alicia, podes ver o vídeo realizado na aula de 5º EI.



Bookface

Rematado o mes do libro, deixamos un recompilatorio dos bookface que nos fixéstedes chegar. Moitas grazas pola vosa colaboración!