Regresa Tintileo ao colexio, esta vez caracterizado de Leonardo da Vinci para presentarnos un proxecto relacionado cos inventos.
E que mellor inventor que Tintinardo?
Nada maís chegar ás aulas, atopamos unha carta, na que nos invitaba a ver unha película sobre o polímata florentino.
A continuación, deixou instruccións para realizar unha realizar unha procura do tesouro. Nela, dez grupos capitaneados por outras tantas alumnas de 6º de primaria, tiveron que realizar probas de diferentes categorías, ata atopar... uns churros de piscina!
Unha vez reunidos no pavillón, descubrinos que servían para construír a ponte autosustentante de Leonardo.
Ao terminar, dirixímonos á biblioteca, onde nos recibiu Tintinardo no seu estudo, acompañado nin máis nin menos que de Mona Lisa!
Terminamos esta xornada coa entrega das maletas viaxeiras a un representante de cada curso.
Grazas Tintinardo!
(Tardamos uns cantos días en recopilar as fotografías da celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS, pero xa están colgadas neste album.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario