mércores, 30 de novembro de 2016

25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia a mulleres e nenas.


A nosa Biblioteca participou activamente nos actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Tintileo tamén se vestiu de laranxa e puxo a súa pulseira para apoiar á campaña da ONU #orangethewolrd.
Ao longo destes días, poderás disfrutar dunha exposición de libros sobre Dereitos Humanos.

luns, 21 de novembro de 2016

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Neno.

O alumnado de 4º de educación primaria, que están traballando a década dos 50 no proxecto anual do PLAMBE, realizou un vídeo no que resumen os dez principios que conforman esta declaración asinada na ONU en 1959.

Noraboa a Mencía, Erea, Alejandro, Víctor, Sofía, Esteban, Maxi, Dani, Noa e Eloy!


domingo, 20 de novembro de 2016

ANOS 20






Xa estamos metidos de cheo nas viaxes a través do tempo de Tintileo! é por isto, que este mes estamos a escoitar, ás entradas e saídas do colexio, unha selección musical dos anos 20.
Sóavos alguna canción?

Se queres escoitalas outra vez? Podes facelo na pestana "ANOS 20" debaixo da cabeceira do blogue.

xoves, 10 de novembro de 2016

TINTILEO A TRAVÉS DAS DÉCADAS

Xa está de novo Tintileo entre nós!
Apareceu o pasado 24 de outubro, Día das Biliotecas, para presentarnos o seu novo proxecto. E fíxoo cun agasallo espectacular!: deixounos no patio unha máquina do tempo.


Grazas a ela, seremos quen de transportarnos ás  diferentes décadas que conforman o século XX.
Queres acompañarnos nesta aventura?

Podes que aquí as imaxes da visita.

E como Tintileo é un crocodilo moi ao tanto das novas tecnoloxías, deixounos a súa dirección de Facebook, por se queredes ir seguindo por alí as súas andainas:






martes, 10 de maio de 2016

SEMANA DO LIBRO



  EN ABRIL CELEBRAMOS NO NOSO COLEXIO O 
"MES DO LIBRO".
 AS ACTIVIDADES REALIZADAS FORON AS SEGUINTES:
    •  ADIVIÑA-ADIVIÑANZA: 9 PAÍSES TIÑAMOS QUE ADIVIÑAR PARA O CONCURSO PODER GAÑAR.



                             OS ALUMNOS/AS QUE ACERTARON 8 ADIVIÑAS FORON: PAULA, EVA, BRAIS, MARÍA GUO, JULIA, ISABEL, LAURA VALENTINA, CLAUDIA Mª, ADRIANA, ALBA.



    • DRAMATIZACIÓN  DO LIBRO "O MEU PRIMEIRO CERVANTES" (COA PARTICIPACIÓN DAS PROFES ELVIRA, MAITE, CHELO E FEFA), PARA CONMEMORAR O 400 ANIVERSARIO DA MORTE DE MIGUEL DE CERVANTES.

         
                                               ESTA É A "CASA DE CERVANTES"...

                                                A PROFE ELVIRA É A NARRADORA DO CONTO


                              A PROFE FEFA CONVÉRTESE NA NENA CRISTINA,   "VECIÑA DE CERVANTES"...GRAN ESCRITOR , COMO LLE COMENTA A PROFE CHELO.


                      CRISTINA, CONVERSA CON CERVANTES (A MESTRA MAITE) SOBRE OS SEUS  MARAVILOSOS LIBROS...



           CRISTINA, BUSCA INFORMACIÓN SOBRE CERVANTES...







                                    O MESTRE SUSO VOLVEU AO NOSO COLE NESTE DÍA TAN ESPECIAL PARA LER UN DOS SEUS POEMAS.



             OS ALUMNOS: DAVID,IKER E MANUEL, TAMÉN LERON ALGÚNS POEMAS DO PROFE SUSO: "O GATO MICIFUF", "O CUCO" E "O CABALIÑO DO DEMO".




    • EXPOSICIÓNS DE:   "LIBROS EXTRANXEIROS", "OS NOSOS LIBROS" E "MARCAPÁXINAS-PAÍSES" CON RIMAS E PAREADOS.



                                                  


                             

 


    • ELABORAMOS  ENTRE TOD@S (E RECITAMOS) O LIBRO: "POEMAS E CONTOS DE MARROCOS, EXIPTO, AUSTRALIA, ILLA DE PASCUA, BRASIL, SUDÁFRICA, MÉXICO, PERÚ E ARXENTINA". E LEMOS OS POEMAS O DÍA DA CELEBRACIÓN.



                                           JACOBO Y LUCÍA PRESENTARON O ACTO.


                  "OS PATIÑOS", NENOS E NENAS DE 3 ANOS CÓNTANNOS UN POEMA DE MARROCOS: "ILUSIÓN".


                   
                            OS "CISNES", ALUMNOS/AS DE 4 ANOS, FORON ATA EXIPTO E MOSTRÁRONNOS UNHA POESÍA SIN XEROGLÍFICOS:  "LAS CALLES".


AQUÍ ESTÁN OS "OSEZNOS", NENOS/AS DE 5 ANOS, QUE NOS TROUXERON UN POEMA DENDE AUSTRALIA: "WALTZING MATILDA".
                          ESTOS SON OS ALUMNOS/AS DE 1º  QUE NA ILLA DE PASCUA ATOPARON UN POEMA MOI PRIMAVERAL: "LA PRIMAVERA".
 

                                                
                                                    
OS NENOS E NENAS DE 2º ESTIVERON EN BRASIL E DESCUBRIRON CONTOS SIN FIN. UN DELES TITÚLASE: "NIÑA BONITA".
                                     

DENDE SUDÁFRICA E PARA NADELA OS RAPACES E RAPAZAS DE 3º LERON UNHA HISTORIA SIN FINAL: "LOS REGALOS DEL REY LEÓN". 


EN MÉXICO, ADEMÁIS DE MOITOS BAILES, OS NENOS E NENAS DE 4º TAMÉN ATOPARON UN POEMA TITULADO: "EL MAR".

CHEGAMOS ATA PERÚ PARA ESCOITAR DOUS POEMAS: "ODA Á BANDEIRA PERUANA" E "OS ZAPATOS" QUE NOS PRESENTARON OS ALUMNOS/AS DE 5º.
 
                                     OS MAIORES DO COLEXIO, OS NENOS/AS DE 6º CÓNTANNOS
 UNHA GRAN POESÍA: "ALMA DESNUDA".



    • APADRIÑAMENTOS LECTORES: O ALUMNADO DE 6º CURSO LEE O CONTO "A BELA E A BESTA" AOS NENOS/AS DE 3 ANOS ".OS NENOS/AS DE 5º CONTAN O CONTO "OLLOBRUSCO" PARA O ALUMNADO DE 4 ANOS, E OS RAPACES E RAPAZAS DE 4º DRAMATIZAN O CONTO "O GALO KIRICO E A GALIÑA PITIÑA".

 
                    ALUMNOS/AS DE 4º CONTAN UN CONTO AOS NENOS/AS DE 3 ANOS.

ALUMNADO DE 4 ANOS E OS RAPACES DE 5º, QUE LLES CONTARON UN GRAN CONTO.
OS NENOS E NENAS DE 6º CONTAN CONTOS AOS ALUMNOS/AS DE 5 ANOS.


                                        TAMÉN FIXEMOS LECTURAS  NO PATIO

                             
                                                           GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN.

venres, 4 de marzo de 2016

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO


     O día 24 de Febreiro de 1837 naceu Rosalía de Castro, unha grande poetisa da nosa terra.
     Cento setenta e nove anos despois no Ceip Manuel Mallo Mallo de Nadela alumnos,alumnas, mestres e mestras conmemoraron esta data tan significativa recitando algún dos poemas máis significativos da súa obra.
    Véxase unha mostra.


 

DECORACIÓN DE NADAL