martes, 2 de marzo de 2021
luns, 1 de marzo de 2021
xoves, 11 de febreiro de 2021
venres, 5 de febreiro de 2021
ENTROIDO NO MUSEO
Un ano máis chega o Carnaval
e aínda que non podamos desfilar
tamén nos imos disfrazar.
Que como imos facer? Busca...
tesoiras, papel, cartóns, pegamento,
roupa vella, chapeus... calquera invento!
E do museo que estás a traballar
unha obra terás que representar.
Ou tamén podes ser un pouco bromista
e colarte na obra como protagonista!
Envía a túa fotografía a:
ceipnadela@icloud.com
antes do 28 de febreiro de 2021.
Bicos
Tintileo
SEMANA DE ENTROIDO
Xa chega a semana de Entroido!!
E mentres agardamos ás instrucción de Tintileo, ao longo de toda a semana propoñémosvos que acudades ao centro con:
sábado, 30 de xaneiro de 2021
DÍA DA PAZ
Este venres 29, celebramos no colexio o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.
A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro, día ni que no CEIP Manuel Mallo Mallo nos comprometemos a exercer de defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
Seguimos promovendo unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.
Como cada ano, o proxecto da Biblioteca Escolar inspira as manifestación artísticas derivadas da celebración, e así, neste curso anosa mascota Gaudileo, inaugurou un "MUSEO DA PAZ". Estas son as obras de arte que realizaron as nenas e os nenos da nosa escola:
No cristal do MUSEO DA PAZ podemos ler un fermoso poema escrito polo alumnado de 1º de educación primaria:
Ademáis destas actividades grupais, en cada clase visionouse unha película relacionada coa celebración e se traballou nas aulas en relación a esta data.
E como a COVID-19 mantennos mudos e enmascarados, este ano a canción de paz que interpretamos todos xuntos é un karaoke silencioso ;D
Agardamos que vos guste!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Chegan as primeiras portadas ao correo da Biblio!! Son todas absolutamente xeniais! ...
-
Ooooooolaaaaa! Propóñovos un reto para celebrar o Día do Libro! Atréveste a reproducir a portada (oí unha parte) do libro que estás lendo? S...
-
O alumnado do CEIP Manuel Mallo Mallo, aleccionados por Tintileo, participou activamente na celebración virtual do Día das Letras Galegas, o...
