martes, 25 de novembro de 2014

Comezamos este curso 2014-2015 na biblioteca do colexio da man da nosa mascota Tintileo. Desta vez , e baixo o proxecto documental integrado "Tintileo polo mundo" , traballaremos ao longo deste curso os diferentes lugares que o noso crocodilo máis intrépido visitou nas vacacións de verán.

 O pasado 24 de Outubro , e con motivo da celebración do "Día das Bibliotecas Escolares" , Tintileo fíxonos unha visita e contounos o que fixo, fíxonos agasallos e seguiunos animando a que leamos moito.
 Antes da aparición da nosa mascota , tamén se fixo entrega das "Maletas Viaxeiras" , que ao longo do ano visitarán os fogares de todos os alumnos do centro. Estas maletas irán cheas de lecturas para todos os da casa. Teremos ciencia , cómics , revistas , arte , ...

 Anque no seu día non puido chegar , días máis tarde recibimos de mans do carteiro as cartas que Tintileo nos enviou contándonos as súas andainas polo mundo.


Aquí tedes o vídeo de presentación que nos deixou Tintileo:

venres, 25 de abril de 2014

SEMANA DA PRENSA

Durante toda a semana, os nenos e nenas tiveron unha gran tarefa:


- adiviñar o titulo e máis o autor do homenaxeado deste ano:


Sabedes de cal estamos a falar???





 Xa sabedes a respota???

shhhhh... non digades nada, 

Temos que escribir unha notiña coas respostas e metelas no buzon  " TI OPINAS"


O venres reunímonos todos e todas na biblioteca para a posta en comun, o resultado foi moi alentador.

Un forte aplauso para todos aqueles que acertaron, efectivamente,
trátase do conto de "Platero y yo" de Juan Ramón Jiménez.




mércores, 23 de abril de 2014

Día do Libro

Estamos a traballar a semana do libro con adiviñanzas, lecturas... non podo contar máis, pero en pouco tempo veredes os magnificos resultados.


mércores, 2 de abril de 2014

DIA INTERNACIONA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


El Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil (International Children's Book Day) se celebra todos los años el 2 de Abril. Es una oportunidad especial para ver o leer un libro con nuestros hijos, una actividad estimulante y divertida donde las haya.
Se conmemora en este día porque es el aniversario del nacimiento de Hans Christian Andersen (1805-1875), escritor danés de cuentos tan famosos como “La sirenita” o “El patito feo”.

Este día es promovido por el IBBY (Organización Internacional para el Libro Juvenil) desde el año 1967. Con este motivo, en muchos lugares del globo terráqueo se llevan a cabo distintas celebraciones destinadas a promover la lectura entre los más pequeños de la casa.


En el colegio hemos leído entre todos algunos de estos cuentos y este es el resultado.



venres, 21 de marzo de 2014

Rematamos o proxecto 
"SUPERMAN - REALIDADE OU FANTASÍA: A PRENSA " coa presenza de Isabel Vázquez, xornalista da RTVG, que veu a falarnos do seu traballo, a contarnos como é a radio por dentro... ademais de responder a todas as nosas preguntas.
 Mostrounos tamén unha radio moi, moi vella dos anos 50.
 E sorpresa, ainda funciona!
                         Aquí tedes o resultado.



xoves, 13 de marzo de 2014

SemAnA dA pRensA




Esta semana estamos a traballar A PRENSA cun proxecto titulado "Superman: realidade ou ficción", Fixemos unha exposición de xornais, tanto nacionais como internacionais, na que o alumnado estivo a  investigar con TinTi Holmes sobre éstes; ademáis teremos a sorte de poder contar, o venres 21 de marzo, coa visita da periodista da rtvg Isabel Vázquez que pasará a xornada con nos e coa que  indagaremos algo máis sobre os medios de comunicación que nos rodean.

DECORACIÓN DE NADAL