luns, 17 de febreiro de 2020

#ÁmoteRosalía

O pasado 14 de febrero celebramos no centro o Día deRosalía. Aínda que o propio día é o 24, ao coincidir coas vacacións de Entroido, decidimos xuntar esta celebración ao día do amor baixo o hasgstag #ÁmoteRosalía.

Nos días previos, o EDLG, xunto co Equipo de Biblioteca, convocaron o II Concurso de Cartas de Amor.


Todos os cursos relizaron corazóns con mensaxes de amor ou con palabras alusivas ao día. Estes formaron parte dun panel decorativo realizado en colaboración co alumnado. 





















Recibimos a visita do escritor Toño Núñez, autor do fermoso poema de amor "Ai, Rosalía" que recitaron as nenas e os nenos de sexto de primaria. Todos xuntos, ao finalizar, cantaron "Adios Ríos, adios fontes". 
Tamén recitaron os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil e de 2º de Educación Primaria. 
Tras estas actuacións, procedeuse a unha lectura continuada de versos da autora.
Dentro das actividades do MES DE ROSALÍA, ao longo da primeira quincena, pudimos gozar dun panel explicativo da Agrupación Ío, grazas ao cal aprendimos moitísimas cousas sobre a Estrela Rosalía.

 
Podes ver mais fotografías deste día, neste álbum.

BRAVAS