venres, 12 de novembro de 2021

Celebrando o outono



Hoxe celebramos un magosto no colexio. Non foi unha festa como outros anos polas restriccións pola situación COVID pero anda así tivemos unha celebración ben chula!

A entrada do edificio administrativo está moi fermosa, decorada coas creación do alumnado en colaboración coas súas familias. GRAZAS! Unha vez máis respondestes dun xeito incrible! Neste vídeo podedes ver todas as creaciones que nos achegastes ao cole:


E, aínda que non era un concurso, Tintileo decidiu outorgar unha premio especial a Lola de sexto curso que presentou un precioso traballo cunha temática moi relacionada coa biblioteca (ao final do vídeo).





Tamén se entregaron os premios do concurso de microrrelato (Xiana de quinto e Mario de cuarto) e debuxo de terror (Cristóbal de segundo e Chloe, de cuarto educación infantil).






O olor do outono chegou este ano da man do tren dun castañeiro, que pasou a mañá asando as castañas  no patio para nós.


Como xa é costume no cole, realizamos os tradicionais xogos do masgosto, aínda que non rotamos polos xogos dos demais cursos. De todos os xeitos pasámolo tan ben como podedes ver nas fotografías deste álbum web: 














Ningún comentario:

Publicar un comentario

DECORACIÓN DE NADAL