A semana do 9-12 de marzo celebramos a "Semana da prensa na escola".
Cada curso estivo traballando sobre a prensa do país que ten asignado.
Xunto coa profe Fefa elaboraron unha noticia relativa á viaxe que está realizando Tintileo.
e analizaron un xornal representativo do país que lles correspondía.
Coa colaboración das familias realizaronse estas actividades:
- Exposición de xornais de diferentes paises.
- Exposición de obxectos construidos polas familias e os nenos/as con follas de xornais: cestos, gafas, barcos, sombreiros, caixas , frores ......
MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN !
Este blog quere dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Nadela as actividades que se realizan ao redor do PDI da biblioteca e das actividades que programa o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o respecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, literarias e artísticas.
martes, 21 de abril de 2015
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

-
O alumnado de segundo de primaria, realizaron este traballo co conto de Xela Arias: Andei investigando que facer. Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario