Continuando coa publicación do que se está a facer na biblioteca do centro , nesta entrada amosámosvos as actividades que se levaron a cabo neste espazo nos meses de Novembro e Decembro do ano 2014.
Durante a xornada do 28 de Novembro, tivemos a visita dunha contacontos que amenizou a mañá a todos os nenos e nenas do centro contando historias incribles.
Xa , ben entrados no mes de Decembro e co Nadal á volta da esquina , todos nos mergullamos nas actividades relacionadas con esta festividade ,e por suposto na presentación dos traballos que a totalidade do alumnado do centro fixo dentro do Proxecto Documental Integrado chamado "Tintileo polo mundo". Este PDI dedicouse exclusivamente a traballar os diferentes aspectos máis representativos de España.
O alumnado de Educación Infantil de tres , catro e cinco anos , traballou as vestimentas típicas de cada comunidade , a gastronomía e as vivendas típicas , respectivamente.
Alumn@s de 4º de Infantil (3 anos) |
Alumn@s de 5º de Infantil (4 anos) |
Alumn@s de 6º de Infantil (5 anos) |
Réplica do cadro de Miró "La Grulla" |
Libro xigante sobre os pintores españois |
A clase de 2º de Primaria centrouse nos xogos populares , e máis concretamente en Galicia , elaborando un instrumento musical feito coa casca das noces e representando un xogo de tradición popular chamado "As catro esquinas". Este traballo quedou plasmado nun vídeo que foi mostrado neste evento.
Seguindo co traballo sobre España, os nenos e as nenas de 3º de Primaria , elaboraron uns murais sobre os monumentos arquitectónicos máis importantes do país, non pasando por alto un que nos queda ben preto, A Muralla Romana da cidade de Lugo.
Na clase de 4º de Primaria , coma non podía ser doutro xeito , traballaron sobre os escritores máis importantes . Tamén nos deleitaron cun fragmento de "O raposo e a mestra", do escritos galego Manuel Rivas.
A clase de 6º de Primaria aportou un cadro/maqueta de España onde poideron explicar as principais características físicas do país que Tintileo recorreu nas súas vacacións.
Por último , entregáronse os diplomas ás postais gañadoras do concurso que se organizou no mes de Decembro.Postal , que nese día acompañaron aos boletíns de notas.
Xa, coma colofón final do acto , os pequenos de Educación Infantil por unha banda , e diferentes clases de Educación Primaria pola outra , representaron para o resto unha serie de panxoliñas . Unhas con frautas , outras con guitarra e pandeireta , e algunhas "a capella" . Uns artistas todos eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario