martes, 6 de maio de 2025

 



  Hoxe un grupo de mestras do CEIP de Nadela visitamos o CEIP de Soutelo, en Pontevedra, dentro do programa da Consellería Observa_Acción.

Foi unha xornada moi enriquecedora, chea de aprendizaxes, reflexións e intercambio de boas prácticas. Tivemos a oportunidade de observar de preto como organizan os espazos, os tempos e as dinámicas de aula, así como coñecer proxectos innovadores que nos inspiran e nos animan a seguir mellorando. 

O contacto directo con outras realidades educativas, o diálogo entre compañeiras e a posibilidade de aprender unhas das outras fixeron desta visita unha experiencia moi valiosa tanto a nivel profesional como persoal.

Grazas ao CEIP de Soutelo pola súa acollida, xenerosidade e por compartir connosco o seu proxecto con tanta ilusión e compromiso. Seguimos aprendendo para medrar xuntas! 









Ningún comentario:

Publicar un comentario

    Hoxe un grupo de mestras do CEIP de Nadela visitamos o CEIP de Soutelo, en Pontevedra, dentro do programa da Consellería Observa_Acción....