sábado, 23 de marzo de 2024

 DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN.

O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques.
O CEIP de Nadela, unímonos a estas conmemoracións....Pero non o fixemos sós, senón que tivemos a sorte de facelo xunto ao Centro de Educación Especial Santa María de Lugo.
Desde o noso cole compartimos este fermoso conto, chamado "Un bosque mágico para ti" de María del Carmen Muñoz e Azucena Benito Hernández. Un libro, que fixo que a través da súa protagonista, coñezamos un pouquiño máis as persoas con Síndrome de Down e a capacidade que teñen para conseguir o que se propoñen, con esforzo e dedicación, pero sobre todo co apoio dos que lle rodean.
Grazas ao alumnado de 6º do noso colexio e o CEE Santa María, por compartir con nós este día, facer que todo sexa máis especial e sobre todo por facernos comprender que a felicidade e os soños non entenden de un cromosoma de máis.



AUTOR PICTOGRAMASSergio Palau PROCEDENCIA: ARASAAC (http://arasaac.org)








 

xoves, 14 de marzo de 2024

PODEROSAS 5




J. K. ROWLING

 

 



A escritora británica, J. K. Rowling, é a autora dos sete libros da famosa saga Harry Potter.

 

  • Harry Potter e a pedra filosofal (1997)
  • Harry Potter e a cámara dos segredos (1998)
  • Harry Potter e o preso de Azkaban (1999)
  • Harry Potter e o cáliz de fogo (2000)
  • Harry Potter e a Orde do Fénix (2003)
  • Harry Potter e o misterio do príncipe (2005)
  • Harry Potter e as reliquias da morte (2007)

Cando Rowling terminou o seu primeiro libro da saga, titulado Harry Potter e a pedra filosofal, foi presentado a numerosas editoriais e rexeitado, ata que finalmente unha editorial decidiu publicalo.

 

Aínda así, os seus editores aconselláronlle utilizar as siglas J.K. no canto do seu nome real, Joanne, porque eles tiñan medo a que os lectores tivesen reticencia a ler os seus libros por estar escritos por unha muller. A letra K provén da súa avoa Kathleen.


Hoxe en día, Rowling goza do seu éxito realizando numerosos actos benéficos, conferencias e intervencións a favor da lectura.

 

 

 

The British writer J.K.Rowling, is the author of the seven books of the famous saga Harry Potter.

 

  • Harry Potter and the Philosopher’s Stone (1997)
  • Harry Potter and the Chamber of Secrets (1998)
  • Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (1999)
  • Harry Potter and the Goblet of Fire (2000)
  • Harry Potter and the Order of the Phoenix (2003)
  • Harry Potter and the Half-Blood Prince (2005)
  • Harry Potter and the Deathly Hallows (2007)


When Rowling finished the first book of the saga, titled Harry Potter and the Philosopher´s Stone, it was offered to numerous editors and publishers until finally it was accepted for publication.


Even then, the publishers advised her to use the initials J.K. in place of her real name, Joanne, because they feared that readers would be reluctant to read books written by a woman. The letter K comes from her grandmother Kathleen.


Today, Rowling enjoys her success by holding numerous charity events, lectures and speeches in favour of reading.

 


 

 


  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...