xoves, 30 de xaneiro de 2020

Día da Ilustración

Hoxe Tintileo, co gallo da celebración do Día da Ilustración, fíxonos unha visita para deixarnos un par de carros novos para a BiblioPatio (ou carroteca?)... 
Sempre nos gusta recibir a Tinti!


luns, 27 de xaneiro de 2020

DÍA DA ILUSTRACIÓN



O Día da Ilustración celébrase en Galicia, por iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao.

Con esta celebración preténdese lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración, e cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é CándidoFernández Mazas.












  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...