xoves, 26 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO





Somos foi afortunados de que Don Basilio, bibliotecario da compañía teatral Pínconús nos dedique un minutiño nun día tan importante para el. Grazas Basilio e Grazas Carlos!


Lamentablemente, co telón baixado, hoxe celebramos o DÍA MUNDIAL DO TEATRO.
Pero aquí vos deixamos unhas ideas para celebralo conjuntamente, pero cada un na súa casa.


Bicharada: 
O espectáculo está dispoñible os luns, mércores, venres e domingos de 11 a 18h en:
https://youtu.be/rNE1r6WiU1Q

Xurdefet: martes, xoves, sábados e domingos de 11 h a 18 h. 
https://youtu.be/rNE1r6WiU1Q

Obras de teatro para todas as edades. Neste enlace, espectáculos para a infancia.

A compañía catalana Tricicle comezou o pasado mércores as emisións das súas obras nesta canle de Youtube. Imperdibles!

Para un rato desternillante. Os cómicos arxentinos ofrecen na súa canle moitos dos seus sketchs.
Unha mestura de circo e de teatro lírico. Documentais e partes dos seus espectáculos aquí.

Venres 27 de marzo ás 18:00 h. Obra interpretada por actores e actrices con síndrome de Down.
Cóntame como celebras ti o Día Mundial do Teatro! 
Tamén podes enviar un texto, un vídeo, un debuxo para Don Basilio!

martes, 24 de marzo de 2020

Astérix





Por tutatis! A aldea poboada por irreductibles galos está hoxe de loito. Astérix e Obélix quedan orfos tralo pasamento dun dos seus creadores, Albert Uderzo.
Xunto co guionista  Gosciny, crearon 38 historias, traducidas a 111 idiomas e das que se venderon 380 millones de ejemplares en todo o mundo. Tamén se realizaron 14 películas. 
Seguro que tes algún exemplar na casa...  ler hoxe un cómic de Astérix é a mellor homenaxe que podemos facer. 

A niña historieta preferida é Astérix en Hispania. Cal é a túa?






sábado, 21 de marzo de 2020

Día da Poesía



En este día tan especial
el día de la poesía
contigo quiero celebrar.
Me he puesto a escribir
y tu tienes que continuar
porque con un poema tuyo
queremos todos disfrutar.
Primero tienes que pensar
luego tu mano te guiará
¡Loquieres borrar!
Todo vale, no está mal,
es diferente ¡qué más da!
Sigue escribiendo y verás,
tu mano te sorprenderá.
Escribe lo que observas,
escribe lo que piensas,
escribe lo que sientes,
escribe lo que deseas,
escribe... ¡lo que quieras!
Y nunca lo olvides
lo importante será
pasarlo fenomenal
y a los demás
una sonrisa poder sacar.


Bicos
Tintileo

PD: puedes escribir tu poema en los comentarios de esta entrada, o en mis redes sociales ;D

mércores, 18 de marzo de 2020

EU QUEDO NA CASA!


Ola amigos! Seguro que estades a aproveitar estes días para ler moitísimo! Eu tamén!
Como imos estar uns cantos días na casa, vouvos ir contando como vou pasando o tempo: nas RRSS e no blog irei compartindo enlaces e actividades para  facer os días algo máis divertidos. 
Ti tamén podes colaborar enviando enlaces, debuxos ou contando que actividades realizas neste correo:

ceipnadela@icloud.com

Agardo as cosas propostas!



Tintileo


venres, 6 de marzo de 2020

SEMANA DA MULLER: MESA REDONDA #XERACIÓNIGUALDADE

O xoves 5 de marzo, celebrouse no colexio unha mesa redonda sobre igualdade, na que participaron: Lara Méndez López, alcaldesa de Lugo, Carmen Viño Vila, arquitecta; Paula Ben Gutiérrez, camioneira;
Verónica Labra Rodríguez, gandeira; e María González Morado, policía.

Primeiramente visitaron ao alumnade de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.



A continuación, na bilioteca do centro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, participaron activamente nunha charla-coloquio, na que se debateron temas relacionados coa igualdade e a posición da muller no mundo laboral.







Ao rematar, visitaron a exposición "BRAVAS: Mulleres inventoras ao longo da historia"





Máis fotografías desta actividade neste álbum.

mércores, 4 de marzo de 2020

SEMANA DA MULLER









Hoxe comezamos os actos de celebración do Día da Muller, coordinados pola Biblioteca Escolar co centro.


Que mellor xeito de iniciar esta celebración que coa visita de Benedicta Sánchez, fotógrafa e actriz, recentemente galardoada co premio Goya á Mellor Actriz Revelación, polo seu papel protagonista no filme "O que arde" de Óliver Laxe.







Benedicta visitou a todas as aulas do centro e rematou na biblioteca respostando ás preguntas do alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, e ata bailou a muiñeira con Tintileo como no Festival de Cannes!

Finalizou o acto coa inauguración por parte de actriz da exposición "BRAVAS", unha mostra de inventos realizados por mulleres. 







Continua mañá, xoves 5, coa realización dunha mesa redonda con mulleres emprendedoras, na que se debaterá sobre a igualdade de oportunidades no mundo laboral.




  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...