luns, 19 de decembro de 2022

BO NADAL


Nadal… tempo de agradecer. E cando a gratitude é tan absoluta, as palabras sobran.

 Este traballo do noso alumnado en colaboración coas familias é para todas vós: nais, avoas, parellas, profesoras, amigas… sodes AS NOSAS MULLERES, AS IMPRESCINDIBLES



 

xoves, 27 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

No Día das bibliotecas, como cada curso, deixei en cada aula un logo de pistas para descubrir a 9 bibliotecarias pioneiras españolas.








Houbo que percorrer o cole enteiro para dar cos nomes e os lugares e datas de nacemento!.

Unha vez conseguido, acompañei ás visitas de Fátima al- Fihri, fundadora da biblioteca máis antiga do mundo, Dita Kraus, a bibliotecaria de Auschwitz e unha "Booknwoman", unha das mulleres que exercían como bibliotecaria levando libros a cabalo polas zonas desfavorecidas de Kentucky.

Rematamos a xornada coa entrega das maletas viaxeras a un representante de cada curso e tamén houbo un agasallo e un encargo para que a rapazada... pero eso é outro conto! 

















Tedes moitas máis fotografías NESTE álbum.





venres, 24 de xuño de 2022

A VOZ DE NADELA 2022

Un novo exemplar da Voz de Nadela cunha mostra dos traballos realizados ao longo do curso relacionados co PDI "Mulleres", co Proxecto Lingüístico e outras actividades extraescolares e complementarias. 


 

martes, 24 de maio de 2022

xoves, 12 de maio de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES MATEMÁTICAS

O 12 de maio celébrase o Día Internacional das Mulleres Matemáticas, celebración proclamada en 2018 que conmemora a data de nacemento da matemática iraniana,  Maryam  Mirzakhani, profesora e investigadora sobre xeometría e sistemas dinámicos e primeira muller en recibir en 2014 a Medalla  Fields.

Ademais de lembrar a todas as mulleres matemáticas, a celebración deste día tamén ten como obxectivo inspirar a outras nenas e mulleres a estudar esta disciplina, propósito que persegue a Alianza  STEAM polo talento feminino, unha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional que nace co obxectivo de fomentar as vocacións  STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas) en nenas e novas e reducir a brecha de xénero. 

A conmemoración deste día contribúe a situar ás mulleres matemáticas na historia pola importancia das súas contribucións a esta disciplina e convídanos a reflexionar sobre o que poderían facer se non tivesen tantas portas pechadas debido ao seu xénero.

(Fonte: http://blogbibliotecas.mecd.gob.es)

Para celebralo, propoñémosvos unha escaperoom. Sería conveniente o acompañamento dunha persoa adulta para compartir o momento e a súa lectura:




Esta experiencia é ou se basea na creada a proposta da Comisión de Mujeres e Matemáticas da Real Sociedade Matemática Española (http://mym.rsme.es/) por Lara Ferrando Esteve e Irene Epifanio López para conmemorar o Día Internacional da Muller Matemática.


venres, 11 de febreiro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, coñecendo un pouco mellor a MARIE CURIE, primeira persoa en recibir dous Premios Nobel, un en Física e outro en Química, ademais de descubrir dous novos elementos químicos: o Polonio e o Radio.


luns, 24 de xaneiro de 2022

  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...