sábado, 23 de marzo de 2024

 DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN.

O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques.
O CEIP de Nadela, unímonos a estas conmemoracións....Pero non o fixemos sós, senón que tivemos a sorte de facelo xunto ao Centro de Educación Especial Santa María de Lugo.
Desde o noso cole compartimos este fermoso conto, chamado "Un bosque mágico para ti" de María del Carmen Muñoz e Azucena Benito Hernández. Un libro, que fixo que a través da súa protagonista, coñezamos un pouquiño máis as persoas con Síndrome de Down e a capacidade que teñen para conseguir o que se propoñen, con esforzo e dedicación, pero sobre todo co apoio dos que lle rodean.
Grazas ao alumnado de 6º do noso colexio e o CEE Santa María, por compartir con nós este día, facer que todo sexa máis especial e sobre todo por facernos comprender que a felicidade e os soños non entenden de un cromosoma de máis.



AUTOR PICTOGRAMASSergio Palau PROCEDENCIA: ARASAAC (http://arasaac.org)








 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...