luns, 11 de marzo de 2024

PODEROSAS 1








Jimena  Quirós 

(Almería 1899-Madrid 1983) 

Foi unha científica española considerada a primeira oceanógrafa española. 

Que é unha oceanógrafa? é unha persoa que estuda os mares, os océanos e todo o que se relaciona con eles. 

Jimena naceu en Almería. Marchou a Madrid con 17 anos para estudar Ciencias na universidade. Alí relacionouse con Maruja Mallo, Clara Campoamor, etc. Especializouse en física e doutorouse en ciencias naturais. 

Aplicou os seus coñecementos ao estudo dos océanos (temperatura, salinidade, correntes, etc) 

En 1920, mentres terminaba os seus estudos comezou a traballar no Instituto Español de Oceanografía  (IEO). Licenciouse con premio extraordinario e uns meses despois comberteuse na primeira muller en España en embarcar nunha campaña oceanográfica. Foi tamén a primeira en firmar um traballo científico en ciencias do mar. Á súa volta da expedición polo Mediterráneo e con 22 anos aprobou a oposición para traballar no IEO incorporándose como a primeira científica da historia da institución. Continuou formándose marchando á universidade a París. En 1926 concedéronlle unha beca na universidade de Columbia en Nova York, alí estudou Xeografía física da atmosfera e dos océanos. Aínda que dominaba moitos campos das ciencias mariñas, a súa especialidade era a física e aplicou os seus coñecementos aos océanos. En 1929 foi admitida como socia de número na Real Sociedade Xeográfica. 

Ademáis de á ciencia tamén se dedicou á política loitando especialmente pola igualdade de dereitos da muller. Presidiu o comité feminino do partido Republicano Radical Socialista incluso antes de que a muller tivera dereito ao voto. En 1933 aproba a cátedra de ciencias naturais e comenza a dedicarse á ensinanza. Traballou en varios institutos ata que chegou a guerra civil á que sobreviviu pero a súa carreira científica e a loita polos dereitos da muller quedou truncada. Foi expulsada do IOE pola ditadura franquista en 1940. 

En 1970 foi rehabilitada e reingresou no IOE en situación dexubilada”. 

En 2022 o concello de Madrid deulle o nome de Jimena Quirós a un parque. 




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

  DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN. O 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down, así como o Día Internacional dos Bosques. O ...