xoves, 24 de abril de 2025

OBSERVA_ACCIÓN: ETAPA ACOLLE

 Hoxe, 24 de abril, dentro do programa Observa_Acción: Etapa Acolle, tivemos unha xornada especial de aprendizaxe compartida co CEIP Soutelo de Montes.  


Durante a mañá realizamos:

  • Unha visita guiada polo centro.
  • Observacións nas aulas e nos patios lúdicos: para conversar e intercambiar impresións

Trala pausa do recreoo alumnado foi protagonista coa súa participación na representación da visita de Emilia Pardo Bazán, unha actividade na que se presentou  o “Libro Máxico de Emilia Pardo Bazán”, un libro que resultou da Xincana Literaria celebrada onte, Día do Libro,  na que todos os cursos realizaron unha serie de probas relacionadas con Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e coa vida e obra da propia Emilia Pardo Bazán. Estas probas, guiadas por Tintileo, tiñan como obxectivo a elaboración das páxinas do libro máxico que presentou a escritora, como broche final dunha celebración chea de imaxinación, lectura e traballo colaborativo. 


,: '


Grazas ao CEIP Soutelo de Montes pola súa presenza e por facer desta xornada un exemplo de colaboración entre escolas.




Seguimos observando, aprendendo e creando!

OBSERVA_ACCIÓN: ETAPA ACOLLE

  Hoxe, 24 de abril, dentro do programa Observa_Acción: Etapa Acolle, tivemos unha xornada especial de aprendizaxe compartida co CEIP Soutel...