Este blog quere dar a coñecer á comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Nadela as actividades que se realizan ao redor do PDI da biblioteca e das actividades que programa o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Igualmente, pretende imbuir no noso sentir á proximidade doutras culturas, o respecto polas diferenzas, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, literarias e artísticas.
martes, 10 de xuño de 2025
martes, 6 de maio de 2025
Hoxe un grupo de mestras do CEIP de Nadela visitamos o CEIP de Soutelo, en Pontevedra, dentro do programa da Consellería Observa_Acción.
Foi unha xornada moi enriquecedora, chea de aprendizaxes, reflexións e intercambio de boas prácticas. Tivemos a oportunidade de observar de preto como organizan os espazos, os tempos e as dinámicas de aula, así como coñecer proxectos innovadores que nos inspiran e nos animan a seguir mellorando.
O contacto directo con outras realidades educativas, o diálogo entre compañeiras e a posibilidade de aprender unhas das outras fixeron desta visita unha experiencia moi valiosa tanto a nivel profesional como persoal.
Grazas ao CEIP de Soutelo pola súa acollida, xenerosidade e por compartir connosco o seu proxecto con tanta ilusión e compromiso. Seguimos aprendendo para medrar xuntas!
xoves, 24 de abril de 2025
OBSERVA_ACCIÓN: ETAPA ACOLLE
Hoxe, 24 de abril, dentro do programa Observa_Acción: Etapa Acolle, tivemos unha xornada especial de aprendizaxe compartida co CEIP Soutelo de Montes.
Durante a mañá realizamos:
- Unha visita guiada polo centro.
- Observacións nas aulas e nos patios lúdicos: para conversar e intercambiar impresións
Grazas ao CEIP Soutelo de Montes pola súa presenza e por facer desta xornada un exemplo de colaboración entre escolas.
Seguimos observando, aprendendo e creando!
martes, 22 de abril de 2025
xoves, 27 de febreiro de 2025
venres, 21 de febreiro de 2025
-
Ooooooolaaaaa! Propóñovos un reto para celebrar o Día do Libro! Atréveste a reproducir a portada (oí unha parte) do libro que estás lendo? S...
-
Quen está de celebración hoxe?? Tintileo cumple 10 años!!!! Mandámoslle unha mensaje, felicitación, vídeo, postal...? Xa sabes, se queres po...